Thursday 25 de April de 2024

O goberno local reitera o seu apoio á construción dun centro residencial impulsado dende a Asociación Nuestra Señora de Chamorro


O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, desprazouse ás instalacións da Asociación Nuestra Señora de Chamorro, na parroquia do Val, xunto cos edís de Benestar Social, Catalina García e Sanidade, Santiago Galego. Unha vez nas instalación, reunironse co deputado socialista Pablo Arangüena, e coa directiva da citada entidade local para realizar un percorrido polas instalacións e incidir na necesidade de acadar financiación autonómica para construír unha residencia para persoas con discapacidade intelectual. A necesidade do centro foi precisamente, tal e como recordou García, unha das reivindicacións realizadas nun Consello Territorial de Participación Cidadá.

A xerente da entidade, Rocío Coira, recordou que o anteproxecto do centro residencial, cun importe de preto de catro millóns de euros, está rematado e que se podería ubicar nas inmediacións das actuais instalacións, en terreos propiedade da asociación, para ofrecer servizos a vinte e cinco persoas, evitando así ter que desprazarse a outros centros fóra da comarca, debido á ausencia de prazas vacantes na que está operativa en Ferrol.

Os representantes municipais e o deputado socialista reiteraron o seu apoio á asociación Chamorro, da que destacaron o labor que realiza e comprometeron o seu apoio nas reivindicacións plantexadas, para o que realizarán os trámites necesarios para poder avanzar.